Ano: 2021
Clienta: ANPA "A Galocha"
Área: Igualdade, educación

Esta segunda edición do proxecto, continuou a coidar e regar as sementes do primeiro laboratorio. Poñendo moito empeño en que agromen dende unha ética dos coidados e do botrato real, plural e diversa.

Continuamos cunha proposta dende a experimentación e o xogo. Abordando contidos vinculados ao amor, á familia, as relacións, ao corpo… 

Traballamos coas familias, mestras e infancia do centro.