Outonía-cooperativa-proxecto-mutantes

Ano: 2020
Área: Rural, desenvolvemento comunitario

As Mutante´s, xornadas de encontro entre proxectos de innovación rural, foron un webinario, que tivo lugar no concello da Veiga. Malia non ser un proxecto en si mesmo propio de Outonía, as nosas integrantes foron as organizadoras e executoras deste evento.
Este encontro tivo unha duración de tres días, nos que maís de vinte colectivos e proxectos que habitan o rural compartiron as súas experiencias desde áreas coma as artes, a agroecoloxía, a gandeiría, a cultura e identidade, os sistemas forestais… para poñer en valor aos rurais como fonte de creación e innovación.
Malia que nun primeiro momento o encontro era presencial a pandemia obrigou a pasarnos ás redes. Aínda así, o webinario complementouse con catro obradoiros prácticos para as residentes deste concello.