Pasar do individual ao colectivo foi o que motivou no 2021 a tres educadoras sociais – Tania, Paula e Araceli – afincadas en tres puntos da montaña ourensá e luguesa, cando idearon Outonía. O motor de acción: achegar as propostas da educación social ao medio rural que habitamos.
A equipa, e o proxecto, foi mutando pero non a raíz que o motivou. Na actualidade a equipa estable de Outonía está composta por tres profesionais que habitan a ruralidade interior de Lugo e Ourense, dende onde pensan e crean para estes territorios.
Outonía é ollar dende eiquí
A equipa
Filóloga especializada en estudos da literatura e da cultura.
Graduada Lingua e Literaturas españolas, Linguas e Literaturas Modernas: portugués. Mestrado de profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de idiomas. Formación profesional en xestión, asistencia e información turística. Graduada [in progress] en Educación Social. Formación en facilitación de grupos.
Educadora Social especializada en políticas de igualdade, participación social e dinamización comunitaria.
Graduada en Educación Social, mestrado en Políticas Sociais e Intervención Comunitaria cunha dobre especialidade en políticas de igualdade e transformacións sociais. Mestrado en Autocoñecemento, relacións humanas e sexualidade en Terapia do Reencontro. Posgrao en Políticas Culturais de Base Comunitaria.
Educadora social especializada en dinamización comunitaria, participación social e intervención socioeducativa na natureza
Graduada en Educación Social, mestrado en Dirección de Actividades Educativas na Natureza. Mestrado en Autocoñecemento, relacións humanas e sexualidade en Terapia do Reencontro. Diplomado en Prácticas Narrativas e participación comunitaria.
Como creamos xuntas?
Tódolos nosos proxectos, independentemente da súa tipoloxía ou razón de ser, eríxense sobre cinco piares:
Igualdade e diversidades
O noso traballo e obxectivos non terían sentido sen unha mirada transversal en chave de igualdade e sen unha aposta fonda pola reivindicación das diversidades que se trasladan a cada iniciativa de Outonía.
Sustentabilidade ambiental
Entendemos que o noso paso polo medio non debe comprometer o futuro deste e, por tanto, integramos a perspectiva da sustentabilidade do entorno, da vida e do rural como piares fundamentais de calquera actuación.
Participación e desenvolvemento comunitario
Fuximos da idea de expertas porque cremos na necesidade de por en valor os saberes que xa existen en cada comunidade e que só precisan de canles que permitan e fomenten a participación.
Ética dos coidados
Traballamos para e por un modelo de desenvolvemento que situa ás persoas no centro e asumimos a nosa responsabilidade de coidados en todas as accións que emprendemos. Do mesmo xeito que a levamos á nosa labor diaria coma traballadoras.
Pedagoxías alternativas
Movémonos no coñecemento, estudo e transformación constante cara "pedagoxías alternativas" que se afasten do que tradicionalmente entendemos por educación. Avogamos polo pensamento crítico, a reflexión, o autocoñemento, etc.
Na teima de colectivizar,
Outonía forma parte de:
Asociación de Empresarias Lucences (AELU) – REAS Galiza – Rede Aldear – Comunidade de Accións e Saberes Arredor do Rural – Unión de Cooperativas Galegas – Rede Galega de Educadoras Sexuais, Psicólogas e Sexólogas “As Lolas” – Oficina de Información e Denuncia de SOS Racismo Galicia – Red Rural Nacional. Programa Antenas Regionales – Programa Campus Rural. Ministerio para la Transición Ecológica y Reto Demográfico – Arredor do rural. Red de Aprendizaje Servizo da USC – Padroado. Fundación Legar para preservación da música de raíz