Céntrase en diferentes ciclos de obradoiros vivenciais e prácticos, para a adolescencia do Barco de Valdeorras.
Abordamos a sexualidade desde unha perspectiva biopsicosocial, onde cómpre coñecer o noso corpo, entender a necesidade de bentratarnos e xerar relacións eróticas de calidade.
Partimos da premisa de que é imposible non facer educación afectivo – sexual, posto que ata cando mantemos a sexualidade no mundo dos tabús, estamos a dicir moito.