Aldear na Escola, foi unha das liñas de acción do programa de dinamización comunitaria Aldearmos. A proposta consistiu na proxección dunha serie de obradoiros denominados “O Rural Imaxinado” co alumnado de primaria e a ESO de seis centros educativos do interior de Lugo e Ourense.
Esta proposta tiña como finalidade derrubar mitos e estereotipos en torno ao imaxinario imperante sobre os territorios rurais, así como ofrecer posibilidades para a construción de referentes diversos e que permitisen ás crianzas imaxinar un futuro vivible nos seus territorios.