“Chega só coa reciclaxe?” é unha iniciativa vinculada aos centros educativos do concello de Viana do Bolo.
A finalidade deste proxecto é abordar a crise ecosocial, desde un punto de vista decrecentista mentres asumimos as nosas responsabilidades coma consumidoras.
Xestamos diferentes tipoloxías de encontros adaptadas ás participantes. Acompañamos aos grupos de ESO, educación primaria e infantil.
Como non podía ser doutro xeito, todos os contidos abordáronse desde o xogo, os grupos de aprendizaxe autónomos e a xeración de espazos de reflexión colectiva.