Proxectos Falemos de sexualidade!

Ano: 2021
Clienta: CEIP de San Clodio (Lugo)
Area: Igualdade, xéneros e diversidades

É un primeiro chanzo para coñecer o noso corpo, coidarnos e establecer relacións sexoafectivas de calidade. Este espazo de econtro, está destinado ao último ciclo de educación primaria.

Falamos da sexualidade como piar de desenvolvemento, comprendendo que a educación afectivo sexual na infancia é máis que necesaria. Abordamos o corpo, a toma de consciencia dos nosos límites, o consentimento, a corporalidade cara o botrato, as vivencias e o descubrimento… En fin! Moito xogo, moita experiencia de calidade e, en definitiva, a apertura de falar de todo aquilo que non nos contan sen medos.