Fiando (a) memoria, é un programa que se leva a cabo semanalmente en cada localidade dende o curso 2022/2023. Están destinados á persoas adultas maiores e neles participan máis de 60 persoas.
Son un espazo de encontro e desfrute, onde ademais de traballar a estimulación cognitiva, creamos procesos de recollida da memoria comunitaria e do patrimonio material e inmaterial da contorna.
Algunha das actividades que se levan a cabo son dinámicas para a mellora da codificación, almacenaxe e recuperación da información, técnicas de expresión artística, corporais e o xogo participado. Procurando que o fío conductor dos encontros sexa incrementar os lazos, relacións e a rede de apoio para co territorio.