De que falamos cando falamos de coidados? Que implican? Son unha cuestión individual? Teñen que ver co territorio que habitamos?
Durante catro sesións de dúas horas, afondamos nos coidados coma unha forma de apoderamento individual, colectivo e territorial. Unha proposta para mulleres adultas e disidencias, centrada en rachar cos mitos e estereotipos arredor do coidar.
Empregando coma canle a arte, as dinámicas participadas e o xogo, créanse puntos de encontro onde abordar aquilo que lle sucede aos nosos corpos desde unha revisión feminista.