Proxectos Contacontos “O Oso Caroso”

“O Oso Caroso” é un conto de autoría propia que narra as peripecias do primeiro oso que chega á Serra do Courel, despois da longa ausencia desta especie no territorio. 

Baséase nun álbum infantil ilustrado e nunha actividade didáctica en formato contacontos musicado que se desenvolveu en diversos centros educativos.  

Este proxecto agroma da necesidade de promover o coñecemento das crianzas sobre o territorio da Serra do Courel, onde conviven diferentes tipos de bosque e onde a riqueza da biodiversidade é un feito loable.

Tomar conciencia da importancia desta, así como sensibilizar na necesidade de protexer os bosques autóctonos, son algunhas das finalidades primordiais de dita proposta. 

Financiadoras

  • Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural 
  • GDR Ribeira Sacra-Courel 
  • Axencia Galega de Desenvolvemento Rural 

Aliadas

A iniciativa desenvolveuse en alianza co Xeoparque Montañas do Courel e coa Fundación Legar que musicou a proposta escénica.