Proxectos Laboratorio Mutante. Cartografías do Lume dende a Infancia

Foi un proxecto desenvolto coas crianzas do concello de Folgoso do Courel, a través do cal se traballou a transformación positiva do conflito vivida trala vaga de lumes que asolou o territorio durante xullo de 2022. O proxecto tiña como finalidade a resignificación do acontecido e para elo, integráronse unha serie de liñas metodolóxicas: paisaxe resilente e identidade, ordenación natural e territorial a través das artes e os elementos naturais, participación social e cidadanía para autogobernanza e a transformación social.

A proposta deu como resultado unha serie de materiais artísticos e cartográficos, froito das creacións do alumnado, que foron expostos no certame educativo Galiciencia 2023 e que ademais forman parte dun material expositivo sobre as Accións Directas Non Violentas nos territorios rurais

Financiadoras

Este proxecto foi financiado a través dos Contratos- Programa Innova para fomentar a innovación educativa nos centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade para o curso 2022/2023.

Aliadas

Este proxecto foi realizado en alianza co CPI Poeta Uxío Novoneyra.