Proxectos Mutant´s: xornadas de encontro entre proxectos de innovación rural

Mutant´s foi o xerme do noso benquerido Laboratorio Mutante. As xornadas celebradas no 2021, destinadas, nun inicio ao Concello da Veiga e Comarca de Valdeorras, víronse limitadas pola crise sanitaria derivada da Covid-19, mudando o seu formato a online – agás nos obradoiros presenciais que se mantiveron con poboación local.

Pretendían repensar a innovación, entendendo esta como un cambio no ángulo no que se observan e propoñen iniciativas no medio rural. Atendendo á diversidade e as posibilidades e recursos xa existentes na contorna.

Durante tres días e cunha participación de máis de 15 proxectos de innovación desde os rurais de diversa índole: agricultura, música, artes plásticas, transformación, téxtil, contraminaría, audiovisual, prevención de incendios… entre outros; xeráronse estratexias para rachar cos estereotipos arredor da ruralidade, así como se procurou xerar puntos de encontro entre a poboación.

Financiadoras

  • Xunta de Galicia
  • Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado - Iniciativa Xove

Aliadas

  • Concello de A Veiga
  • Colectivo Rural Mutante