Proxectos O Merendoiro: lecer alternativo e creativo.

O “Merendoiro” foi un programa de lecer xuvenil, alternativo, participativo e saudable. Cada unha das súas accións alineouse cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e vinculouse a un traballo de base comunitaria.

O programa implicou unha fase de difusión, onde se presentou en institutos, asociacións, etc. Un programación de 9 propostas educativas e prácticas relacionadas con disciplinas artísticas e creativas. Unha programación de obradoiros de educación sexual en asociacións que traballan con colectivos vulnerabilizados. Por último, creouse un fanzine de recompilación dos diversos materiais creados que se presentou nunha exposición comunitaria.

Financiadoras

Convocatoria de axudas para actividades a desenvolver polas corporacións locais en materia de xuventude 202-2023, FEMP - INJUVE