Adoptando o formato de caixa mediciñal que garda no seu interior unha serie de instrucións – a modo de prospecto- e un total de 31 tarxetas, que dan forma a esas pílulas de sabedoría; nace este aporte.
Ofrecendo un coidado, un tempo de conexión cunha mesma, a través da experimentación de ritos, consellos, boas prácticas, pensamentos… que nos acompañen no proceso de re-descubrirnos. Ao tempo, que incrementamos o coñecemento sobre os tempos dende unha mirada transversal de ruralidade e xénero.
As pílulas acollen tres tipoloxías de contidos: saberes, pócemas e verbas.