Partindo da premisa de que non é posible non facer educación sexual, idéase este programa xunto cos servizos sociais municipais.
En cada curso educativo, o Concello oferta a participación gratuíta no programa aos 6 centros educativos do municipio. O programa consiste en 4 horas de formación para 5º e 6º de Primaria e 6 horas para 2º, 3º e 4º da ESO. Dende Outonía desprazámonos aos centros educativos e impartimos os diferentes obradoiros.
Unha media de 500 crianzas e adolescentes participan anualmente do programa.
Os obradoiros que se traballan nas aulas son:
5º de Primaria. “A arte de bentratar(nos)”
6º de Primaria. “Habitar o corpo”
2º da ESO. “A tratar(nos) ben tamén se aprende”
3º ESO. “A sexualidade é moito máis…”
4º ESO. “Mover os marcos do amor”








