Radiais, é un programa de lecer alternativo e sostible enmarcado na promoción dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). Deseñamos esta proposta para o Concello de Viana do Bolo.
O obxectivo responde á toma de conciencia desde o lecer, a participación e o fortalecemento dos lazos entre a mocidade entre 16 e 35 anos. Desfrutando o contexto inmediato e xerando vínculos de botrato para co territorio.
Baixo un mesmo paraugas, creáronse un total de oito encontros que adoptaron unha forma diversa: desde a arte e natureza, ata a sexualidade integral, pasando por roteiros interpretativos, un rural escape e/ou a fotografía de cara á sensibilización na crise ecosocial; entre outros.