Ano: 2020
Clienta: Concello da Veiga
Area: Memoria e rural
Relatoras é un proxecto iniciado no Concello da Veiga co obxectivo de recoller e divulgar a historia e a memoria das mulleres dese territorio.
Un total de once mulleres participaron nestra edición, que promete ser a primeira de moitas. En Relatoras atopamos relatos, como non, dunha vida de traballos, de coidados, de risas e festas, de cantos e coplas. Son verbas que nos levan a un pasado que é noso porque foi delas, e que agora recollemos grazas á memoria de varias xeracións. Todas mulleres, diferentes e diversas que dan conta de que o cotiá tamén é extraordinario. Nese cotiá atopamos historias coma a de Ubaldina que aprendeu a bailar cun pau cando ía coas ovellas ou da señora Cándida que “recolleu” e asistíu os partos da meirande parte das súas veciñas de Candeda.