Dende Outonía coordinamos a programación das xornadas da la. Un encontro que comezou no ano 2023, o 14 e e 15 de outubro, no que se levaron a cabo unha serie de obradoiros prácticos para coñecer as técnicas de fiado, tinguido e feltrado da la.
Realizáronse outras acción, vinculadas á preservación da memoria inmaterial no territorio do Courel, como foi a visita a un antigo tear na aldea, ou a recreación dun fiadeiro a cargo das propias veciñas da contorna. O encontro pechouse coa presentación do proxecto Cartografías Téxtiles, iniciativa promovida por un colectivo de docentes artistas e activistas que pretende a través de narrativas e técnicas téxtiles dar voz ás comunidades e aos lugares.
As xornadas teñen como principal finalidade vincular a recuperación da memoria das mulleres respecto dun proceso en vías de extinción.






