Intervención social
Acompañamos grupos, entidades e colectivas na integración do botrato en todas as esferas vitais (persoal, relacional, social).
Xeramos unha base para o traballo asentada na metáfora corpo – territorio, como un eixo desde o que xerar vínculos e coidados para con nós mesmas, coas comunidades e co entorno. Estas iniciativas poñen énfase no acompañamento a grupos en desvantaxe.
Que podemos facer?
- Dinamización de grupos, con especial atención á grupos de mulleres/disidencias de xénero e actividades de apoderamento
- Proxectos e programas de caracter comunitario para tratar diferentes temáticas, coma por exemplo: os retos ecosociais, a estimulación cognitiva desde a recuperación da memoria comunitaria, a visibilización das mulleres, os aportes comunitarios e os coidados, etc
- Proxectos e programas para a prevención das violencias machistas
- Intervencións para a promoción do botrato desde a xeración de redes e estratexias comunitarias
- Iniciativas desde o ámbito do benestar e coidados, para a detección e acompañamento da soidade non desexada en colectivos vulnerables
Proxectos de Intervención social
Fiando (a) Memoria
Intervención Social, Participación Social
Programa: Apoderamento a través do autocoidado
Intervención Social, Participación Social