Participación Social
Deseñamos e acompañamos proxectos e programas encamiñados ao incremento da gobernanza comunitaria e da toma de decisións dende a base social. Abordamos a ruralidade e o apoderamento das persoas que habitan estes contextos desde unha perspectiva integral de xénero e desde a reparación das feridas históricas comunitarias.
Xeramos procesos participados encamiñados á transformación social desde o emprego de metodoloxías socioafectivas e dinámicas propias da innovación socioeducativa.
Que podemos facer?
- Proxectos e programas de recuperación e recollida da memoria, con especial énfase nos corpos e memorias non narradas
- Proxectos para o incremento da participación comunitaria desde áreas coma o lecer e o tempo libre e a cultura comunitaria
- Iniciativas para promover estratexias comunitarias para facer fronte aos retos ecosociais desde a ruralidade
- Facilitación de procesos participativos centrados na recuperación do patrimonio material e inmaterial
Proxectos de Participación Social
Fiando (a) Memoria
Intervención Social, Participación Social
Programa: Apoderamento a través do autocoidado
Intervención Social, Participación Social
Tocar ao Concello: un proceso de imaxinación comunitaria
Participación Social