Recursos

Desde Outonía realizamos obradoiros puntuais, formacións , proxectos e programas que se estenden no tempo, propostas que mutan noutras, accións estables anuais e colaboramos con outra entidades para facer o que máis nos enche: soñar e accionar nos territorios rurais.

Unha mostra do que fixemos durante este tempo:

Practicar Rurais. O Laboratorio Mutante (LM) para a Ecoloxía dos Saberes

Paxs. 95 – 107

Coord. Iria Vázquez Silva, David García Romero e Nuria Fernández Brage

ISBN 9788412748901

Edición. Toxosoutos

Confluencias. Cartografías fluviais contemporáneas con perspectiva de xénero.

Unha peza documental que nace da experiencia levada a cabo no proxecto Con-Fluencias, que híbrida arte, memoria e participación comunitaria para resignificar o territorio baixo unha perspectiva integral de xénero. O río Sil é o fío de auga que tece historias entre as mulleres participantes. Acollendo os seus relatos, recordos e memorias asolagadas polo peso doutros discursos dominantes. É un convite a lexitimar as voces propias, a través da creación dunha cartografía contemporánea na comarca de Valdeorras. Usando as mans, o benfacer, as prácticas invisibilizadas e os saberes encarnados, que ven a luz dende e a través da exploración artística.

Financiación: Instituto de las Mujeres. Ministerio de Igualdad

Laboratorio Mutante para a ecoloxía dos saberes.

Un fanzine que recolle os resultados e o proceso de participación promovido no marco do Laboratorio Mutante coa fin de contribuír na democratización e colectivización de saberes, así como na sensibilización e no fomento da participación da mocidade ante a crise social e ambiental.

Financiación: 1planet4all, Fundación Ayuda en Acción