Ano: 2021
Clienta: ANPA CPI Poeta Uxío Novoneyra
Area: Igualdade, educación

Os eixos temáticos deste programa son a educación
con perspectiva de xénero, a educación emocional e a educación afectivo sexual. Entendendo que son  ámbitos que de maneira complementaria e ineludible permiten mellorar as relacións de convivencia para establecer vínculos máis sas e respectuosos.

“Un universo de emocións” achegou ao alumnado un aporte para o seu autocoñecemento, a mellora da autoestima e o desterro de mitos e crenzas patriarcais que provocan múltiples
desigualdades e violencias.