A nosa metodoloxía

Tódolos nosos proxectos, independentemente da súa tipoloxía ou razón de ser, eríxense sobre cinco piares:

Que facemos?

Desde Outonía, deseñamos, aplicamos e avaliamos proxectos que integran e promoven a igualdade e a sostibilidade ambiental. 

Traballamos tanto coa administración pública, coma con entidades privadas e do terceiro sector. Ao mesmo tempo consideramos primordial o traballo en rede con outros proxectos e profesionais cos que poder realizar traballos nos que prime o coidado e a calidade. Por iso estar en contacto con outras entidades que compartan os nosos valores resulta fundamental para complementar a nosa praxe.

Especializámonos en catro eixos de actuación:

Rurais, patrimonio e identidade

Dende o coñecemento de habitar diariamente o mundo rural concibimos esta área de traballo.
Promovemos que o rural sexa un espazo igual en dereitos e oportunidades, tamén que os saberes e valores que alí  se forxaron non desaparezan e que a vida nestes territorios mute da subeltarnización á valorización. 

  • Investigación social, diagnoses participativas e mapeamentos comunitarios.
  • Deseño de propostas educativas que acheguen e poñan en valor os saberes dos territorios rurais.
  • Creación de proxectos e programas de recollida da memoria.

Educación ambiental, dinamización e cultura da sustentabilidade

Concibimos a educación ambiental como un eixo transversal e un proceso educativo de reflexión, acción e transformación das sociedades. Orientado a repensar e reconstruír colectivamente as relacións humanas co medio natural no que habitamos e do que dependemos. Tomamos como folla de ruta os postulados de teorías como o decrecemento, a agroecoloxía ou o ecofeminismo, entre outras.

  • Programas, proxectos e obradoiros destinados a toda a poboación para a sensibilización e a conciencia ambiental.
  • Contacontos “O Oso Caroso”
  • Actividades de lecer de educación ambiental.
  • Interpretación e acompañamento de roteiros ambientais.
  • Obradoiros de arte e natureza para diversas idades e grupos. 

Desenvolvemento comunitario e participación cidadá

O desenvolvemento comunitario como un fin en sí mesmo e a participación como un medio imprescindible para poder acadalo.

Non concibimos a intervención educativa sen ter en conta o protagonismo da comunidade.

  • Investigación social e acompañamento de procesos participativos.
  • Creación de proxectos e programas de carácter comunitario e participativo. 
  • Deseño e dinamización de iniciativas dirixidas a favorecer a participación das mulleres maiores das zonas rurais. 

Educación emocional, xéneros e diversidade

Acollemos esta esfera como un eixo transversal na nosa praxe e empregamos a educación emocional e as metodoloxías socio-afectivas como método.

Integramos a perspectiva interseccional conscientes de que habitamos un sistema que é patriarcal, racista, capacitista… e que se torna insostible para a vida.

As nosas propostas e intervencións buscan contribuír ao cambio de ollada cara unha ética dos coidados e o botrato.

  • Proxectos de coeducación: obradoiros dirixidos a diversas idades, actividades de sensibilización, etc.
  • Deseño e dinamización de iniciativas dirixidas a favorecer a participación das mulleres maiores das zonas rurais.
  • Creación e/ou avaliación de plans de igualdade de administracións públicas e entidades privadas.
  • Deseño e implementación de proxectos para a prevención das violencias machistas e a promoción da igualdade.
  • Programas de educación afectivo-sexual e educación emocional para centros educativos.