Laboratorio Mutante

O Laboratorio Mutante (LM) é un lugar físico, simbólico, conceptual e virtual onde repensar as ruralidades e a intersección corpo-territorio desde unha perspectiva integral de xénero e de dereito ao rural.

Desenvólvese desde o ano 2020 no interior de Ourense e Lugo – de forma principal- creando propostas mutantes, nas que os formatos, os contidos e ideas, non responden a unha única forma. Só contan coa liña común de revisar a mirada territorial e avogar pola integración das ruralidades diversas desde a experimentación continuada.

O proxecto aposta pola innovación e xeración de coñecemento a partir da participación social e o intercambio de saberes entre as participantes grazas á creación de puntos de encontro horizontais.

Procura que, a través da cultura comunitaria e as artes, os corpos experimenten e accionen novos referentes e alternativas cara un futuro máis resiliente.

As experiencias incluídas neste marco de innovación, aínda que non son bloques estanco, agrúpanse arredor de tres liñas: