Ano: 2021
Clienta: ANPA CEIP Ortega e Gasset - O Incio
Area: Igualdade, educación

“A sementeira de coidados en igualdade”, pretende ser unha primeira achega para o traballo coas crianzas, familias e mestras arredor do botrato e as relacións sás – con nós mesmas, coas demais e co medio natural.

Achegámonos ao corpo, ás vivencias persoais, aos estereotipos e roles de xénero, ao conflito e aos duelos… 

Experimentando dende o xogo novas formas de construír utopías.