2023

Con-fluencias

Cartografías fluviais contemporáneas con perspectiva de xénero.

Cartel Con-fluencias

Con-fluencias é unha experiencia que hibrida escoita, memoria, arte e participación comunitaria para resignificar o territorio baixo unha perspectiva integral de xénero e con especial atención ás diversidades.

Como se crea un mapa? Que arbitrariedade existe nel? Que motiva a vertebración da memoria comunitaria como algo externo ao espazo físico e emocional que se habita?

Co fin de apropiarse da demarcación das fronteiras impostas arredor do Río Sil, na Comarca de Valdeorras, xérase unha cartografía fluvial experimental, para procurar novas formas de narrarse e comprender o territorio.

Materialízase en dúas pezas de intervención. Unha Peza 1, centrada na exploración do álbum familiar e a intervención con cianotipia. E unha Peza 2, centrada na creación dun audiopaseo arredor do río Sil e unha orquestra experimental que xere ecos contemporáneos onde imaxinar outros posibles.

O proxecto toma forma desde a participación de catro grupos de mulleres adultas das poboacións participantes, así coma do tecido asociativo e veciñal de Viloira e do Barco de Valdeorras.

Ficha

Cando

2023

Onde

A Rúa, Petín, Vilamartín de Valdeorras, O Barco de Valdeorras, Viloira

Financia

  • Instituto de las Mujeres

Aliadas

  • Asociación Colectivo Galiza Emocional

  • Concello de O Barco de Valdeorras, Concello de Petín, Concello de A Rúa, Concello de Vilamartín de Valdeorras

Créditos

Eva Piay

Outros proxectos

  • My Rural Mentor

    Fomentando a saúde social da xuventude vulnerable en zonas despoboadas mediante a mentoría comunitaria.

  • No límite da serra

    No Límite da Serra

    Trazado de líneas de deseo culturales en Terras de Trevinca

  • O rural imaxinado

    O Rural Imaxinado

    Narrativas novas desde a poboación moza