2025-2027
My Rural Mentor

Fomentando a saúde social da xuventude vulnerable en zonas despoboadas mediante a mentoría comunitaria.

My Rural Mentor é un proxecto de mentoría comunitaria para mellorar o apoio social da mocidade en territorios rurais. Conectamos persoas, xeracións e recursos locais para combatir o illamento, tecer vínculos e activar comunidades que coidan.
My Rural Mentor é un proxecto que se desenvolve en Valdeorras, Póvoa de Varzim e nas provincias sicilianas de Agrigento e Trapani, coa finalidade de fortalecer as redes de apoio da mocidade e fomentar comunidades máis cohesionadas e resilientes.
A iniciativa conecta persoas mozas con persoas adultas de referencia e confianza, capaces de ofrecer acompañamento, orientación e novas oportunidades de relación. A través dun programa de mentoría, formación e participación comunitaria, búscase ampliar as redes sociais da mocidade e reforzar o seu sentimento de pertenza ao territorio.
O proxecto diríxese especialmente a mozas e mozos de entre 14 e 24 anos que residen nestas zonas e que presentan unha necesidade especial de fortalecer os seus vínculos sociais e ampliar os seus círculos de apoio. En My Rural Mentor atoparán unha comunidade máis unida e solidaria, construída en colaboración con centros educativos, administracións locais e entidades sociais do territorio.
A meta é clara: promover relacións máis sólidas, comunidades máis fortes e futuros máis saudables para a mocidade rural.
Estrutura do proxecto
Fase de preparación
- Mapeamento do ecosistema comunitario.
- Captación, selección e acompañamento das persoas mozas participantes.
- Recrutamento e selección das persoas mentoras.
- Formación inicial de todas as persoas participantes no programa.
Fase de mentoría
- Deseño dun plan individualizado de desenvolvemento.
- Mentoría individual por parellas.
- Mentoría grupal.
- Mentoría por equipos a través de metodoloxías de aprendizaxe-servizo.
- Desenvolvemento de actividades, encontros e eventos comunitarios abertos á participación da veciñanza.
Avaliación
- Seguimento continuo e avaliación do impacto do programa sobre as persoas participantes, as súas redes de apoio e a comunidade.
Transferencia
- Sistematización das aprendizaxes e dos resultados obtidos.
- Difusión da metodoloxía e dos materiais xerados para favorecer a súa replicabilidade noutros contextos rurais.
Deste xeito, My Rural Mentor contribúe á creación dun ecosistema comunitario máis acolledor, no que a mocidade poida desenvolver os seus proxectos de vida contando cunha rede de relacións significativa e sostible no tempo.
Financiamento:

Recursos/materiais:
Páxina web: myruralmentor.org
Ficha
Cando
2025-2027
Onde
Comarca de Valdeorras (ES), Povoa de Varzim (PT), Agrigento (IT) e Trapani(IT)
Financia
-
2025-1-ES02-KA220-YOU-000361017 Erasmus + KA220 – YOU Comisión Europea
Outros proxectos




