2026-2028

No Límite da Serra

Trazado de líneas de deseo culturales en Terras de Trevinca

No límite da serra

As liñas de desexo son pegadas xeradas pola acción de camiñar, que erosionan a superficie e cristalizan a expresión dun anhelo. No límite da Serra propoñemos a creación dun trazado cultural común para dous concellos en situación extrema de despoboamento, A Veiga e Porto, co obxectivo de atravesar a fronteira que os separa.

Formúlanse tres liñas de desexo culturais para tecer o protocolo de celebración dun ritual de transmutación da fronteira.

A primeira, Non é unha serra, son cinco, consiste nun obradoiro de pensamento para imaxinar unha cartografía da serra do futuro.

A segunda, Entre bastidores, céntrase na confección dos aveños do futuro. Trátase dunha reinterpretación da cartografía a través do téxtil, orientada á rexeneración da transmisión das técnicas tradicionais de tecido en tear.

A terceira, Da serra á mesa, propón unha recompilación da memoria culinaria da Serra Calva nun receitario en man común, culminando coa celebración dunha comida ritual popular.

A Alianza para que isto se torne realidade está conformada por Outonía, o Concello de A Veiga e o Ayuntamiento de Porto.

O proxecto, iniciou en outubro do 2026, coa pretensión de dilatarse durante dos anos neste territorio. É posible, grazas á financiación da Fundación Carasso, na súa convocatoria de Alianzas para unha democracia cultural.

Na prensa:

Financia:

Ficha

Cando

2026-2028

Onde

Serra Calva, Concello de A Veiga (Ourense) e Ayuntamiento de Porto (Zamora)

Financia

  • Fundación Carasso

Créditos

Promove, facilita e coordina: Outonía Alianza: Outonía, Concello de A Veiga, Ayuntamiento de Porto

Outros proxectos

  • My Rural Mentor

    Fomentando a saúde social da xuventude vulnerable en zonas despoboadas mediante a mentoría comunitaria.

  • O rural imaxinado

    O Rural Imaxinado

    Narrativas novas desde a poboación moza

  • Cartel Con-fluencias

    Con-fluencias

    Cartografías fluviais contemporáneas con perspectiva de xénero.